martes, 27 de marzo de 2018

VOCES DE MULLERES DE BARRO

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora e continuando co fío do noso proxecto anual "Voces de Mulleres", recibimos a visita de varias mulleres nadas en Barro que nos falaron das súas vidas, do moito que traballaron, dos xogos que lles gustaban e outras anécdotas moi divertidas.
Unha delas, Lola, estivo con nós na Biblioteca do cole e as outras tres: Amelia, Adorinda e Pilar estiveron na Biblioteca Pública onde ademais da charla, tamén nos amosaron a exposición fotográfica "Mulleres no tempo".
Así que os nenos e nenas de 3º despois destas visitas decidimos pornos mans á obra e facer uns cartaces biográficos con todo o que nos contaron para poder compartilo con vós.
Esperamos que vos gusten.



Moitas grazas a todas! 
Resultou moi interesante!

No hay comentarios:

Publicar un comentario