martes, 18 de diciembre de 2018

O AMIGO INVISIBLE

Con motivo das celebracións de Nadal, o alumnado de 3º xogou ao amigo invisible. Para iso, fíxose un sorteo previo onde os nenos e nenas descubrían a quen lle tiñan que facer un regalo, cunha soa condición: non podían gastar nada de diñeiro. A cativada moito e os agasallos foron...

MARABILLOSOS!!!


martes, 27 de noviembre de 2018

O Sistema Solar

Con motivo do mes da ciencia, e para repasar contidos adquiridos na materia de Ciencias Sociais, o alumnado de 3º curso elaborou distintas maquetas do Sistema Solar traballando por equipos, non só nas ciencias, senón tamén nas súas dotes artísticas. Esta tarefa permitiulles situarse un pouquiño máis na inmensidade do Universo. O resultado só tendes que velo...



O mes aínda non rematou... e estes cativos/as científicos/as volverán á acción...
Prestade atención a próximas publicacións!

domingo, 25 de noviembre de 2018

Planta cara á VIolencia de Xénero!

    Con motivo do Día Internacional en Contra da Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro, os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso do CEIP Amor Ruibal fixemos un vídeo que pretende animar a todos a loitar contra a violencia de xénero.


    Esperamos que vos guste!




PLANTA CARA Á VIOLENCIA DE XÉNERO !


viernes, 23 de noviembre de 2018

Creamos un taumatropo

    Estes días nas clases de plástica de 3º e 4º aprendemos a crear un xoguete chamado taumatropo que se basea no engano da nosa vista ao facer xirar rapidamente o disco de cartón que contén unha imaxe en cada cara e que durante o xiro se superpoñen creando unha única imaxe. Ademais, como o 25N está tan próximo decidimos decoralo con motivos relacionados con esta conmemoración en contra da Violencia de Xénero.




Cousas de lectores e lectoras.

"Un neno/a que le será un adulto que pensa" . Así di unha xenial frase na que se ve reflectida a importancia que ten ler.
Como os nenos e nenas de 3°estamos de acordo con ela e valoramos moito a lectura, fixemos uns coxíns e uns marcapáxinas para relaxármonos mentres lemos e non perder nin unha soa palabra das nosas lecturas.

  

                                                                                                                   
Todos e todas a ler!!! 
                                                                                                                            

martes, 20 de noviembre de 2018

"Día Universal do Neno"

O "Dia Universal do Neno",  que se celebra todos os anos o día 20 de novembro, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances conseguidos pero tamén un día para chamar a atención sobre a situación dos pequenos e pequenas máis desfavorecidos. Por iso, o alumnado de 3° curso, para celebrar este día , traballou sobre os dereitos fundamentais que todos os nenos e nenas deben ter.




Nunca deixemos de loitar polos seus dereitos!!!

lunes, 19 de noviembre de 2018

A maxia do noso corpo

Para seguir aprendendo cousas sobre o corpo humano, os alumnos e alumnas de 3º curso estivemos vendo como somos por dentro. Para iso empregamos unha camiseta que, a través da tablet, permitunos ver os distintos órganos que temos dentro así como a función protectora que teñen os ósos do noso corpo.

Non hai mellor maneria de coñecer o interior do noso corpo, non pensades?



LAPBOOK DO NOSO CORPO

Os nenos e nenas de 3º curso fixemos un lapbook sobre o corpo humano para repasar o tema que vimos en ciencias da natureza.
E despois de tanto cortar, colorear e pegar... Aquí tendes os resultados:



ESPECTACULARES!!!!!!!!!!

viernes, 16 de noviembre de 2018

TALLER DE HABILIDADES SOCIAIS

    Os días 6, 7, 8 e 16 de novembro o alumnado de 4º participou nun taller de Habilidades Sociais promovido polo Concello de Barro e desenvolvido por Julia Búa, técnica en prevención de drogodependencias e condutas adictivas.


    Nestas sesións, traballamos aspectos relacionados co valor da autoestima, a expresión de emocións e a importancia da empatía así como as "armas" fundamentais para a resolución de conflitos (A PACIENCIA, A PALABRA E A PAZ). E precisamente estas armas, que son tan útiles e imprescindibles na vida diaria, descubrímolas a través dunha historia titulada "Caucasum, o mellor guerreiro do mundo". Podedes acceder a ela ao través do seguinte enlace ( O mellor guerreiro do mundo ). Seguro que vos gusta tanto como nos gustou a nós!


    Ao rematar este taller tan interesante, os rapaces e rapazas recibimos un  diploma acreditativo da nosa participación.


Moitas grazas!

martes, 13 de noviembre de 2018

Proxectos en familia.




Aproveitando o mes da Ciencia, e seguindo co proxecto "As Familias contan..." Luca, de 3° curso, estivo acompañado do seu papá, Miguel Maquieria, para mostrarnos como construíron un xenial Sistema Solar. Ademais, tamén contaron coa especial colaboración do seu avó que, por motivos laborais, non puido asistir.

Parabéns familia e moitísimas grazas!

miércoles, 7 de noviembre de 2018

Aprendices de xeógrafos

   Estas últimas semanas na aula de 4º estivemos aprendendo e investigando sobre as diferentes formas de representar a Terra: como ler un mapa, como orientarse... e para culminar todo ese traballo creamos dous xogos: 



Un twister de continentes e océanos. 









  E un "Atopa a Mimi", similar ao xogo de afundir a frota, so que neste caso en lugar de buscar barcos para afundilos, hai que descubrir que lugares visitou a nosa mascota favorita.



viernes, 2 de noviembre de 2018

SAMAÍN 2018

    O Samaín chegou ao CEIP Amor Ruibal e os rapaces e rapazas de 4º crearon uns conxuros chulísimos para invocar ós monstros, facer bailar os vermes, resucitar os esqueletos...





    Ademais tamén crearon unhas catrinas colgantes que ben mostran a creatividade e boa man destes mozos e mozas.




martes, 30 de octubre de 2018

ENTREGA DO X PREMIO MIMI A MAMÁ CABRA

O venres 26 de outubro achegámonos ata a Nave da Música do Concello para asistir á entrega do X Premio MIMI a MAMÁ CABRA, unha banda que toca xenial. Alí estaban Harry, co violín, a gaita e o bombo, Tomi, voz cantante e guitarra e Iago, co ukelele baixo e unha coroa de cascabeis enganchada nun pé. 
Foi súper divertido, especialmente cando saiu o neno de 6º disfrazado de MIMI. Tamén súper emocionante porque puidemos ver, escoitar e cantar bonitas cancións co noso grupo musical favorito e sacar fotos no escenario con eles. Non o esqueceremos na vida!
Está moi ben isto do Premio MIMI porque podemos coñecer a persoas moi interesantes e simpáticas.

Moitísimos Parabéns, MAMÁ CABRA!

Moitísimas Grazas!



Máis información no blog de MIMI:

https://oblogdemimi.blogspot.com/2018/10/entrega-do-x-premio-mimi.html


jueves, 18 de octubre de 2018

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA PISCIS

Os nenos e nenas de 3º visitamos a exposición "Piscis" na que observamos distintas maneiras nas que se manifesta a auga. Plasmamos nuns debuxos as obras que máis nos gustaron.

viernes, 22 de junio de 2018

VISITAMOS O PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO

Como broche de ouro ao noso proxecto trimestral sobre os petróglifos, o xoves 14 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de Primaria visitamos o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Tamén foron, noutro autobús, nenos e nenas de Infantil que saudamos no Parque entre unhas actividades e outras.
Dividíronnos en dous grupos, guiados un por Leo e outro por Fran, que nos axudaron a coñecer un pouco máis sobre a arte rupestre e as condicións de vida na Idade de Bronce con actividades e obradoiros súper interesantes e a mar de divertidos.

En "Arqueólogos e Arqueólogas por un día", aprendemos a facer calcos de petróglifos marcándoos nun plástico con rotuladores de cores e nun papel branco coa axuda dunha esponxa, papel de calco e herbas.
Evidentemente, eran réplicas de petróglifos feitas por arqueólogos do Parque, pois os petróglifos auténticos están ben protexidos e non os podemos tocar.

Os datos dos petróglifos tiñamos que anotalos nunha ficha técnica.

Visitamos logo unha reprodución a tamaño real dun poboado da Idade de Bronce con casas, un cerrado para os animais, un graneiro e un lugar de reunións no que entramos e comprobamos o espazoso que era. Barro seco, palla, xestas e madeira son os materiais básicos empregados nestas construcións.


A ruta continuou polo monte arriba para ver algúns dos petróglifos máis destacados con representacións de persoas cazando, animais, ferramentas, armas... Algúns gravados están moi gastados e míranse mellor no solpor ou no amencer; inclusive, os monitores dixéronnos que no verán hai posibilidade de facer visitas nocturnas. Estaría xenial vivir esa experiencia!




Unha actividade que causou grande admiración foi a "Exhibición de lume". A partir dun arco, un pau, un óso (para non facerse dano na man), unha folla e herba seca, os monitores lograron facer lume fretando o arco co pau. Foi chulísimo!



"Cerámica coas mans" é o título do obradoiro no que participamos no interior do edificio. Gustounos moitísimo moldear coas nosas propias mans un anaco de barro e facer cuncas e xerros que decoramos con cunchas, tapas de rotuladores e anacos de madeira con distintos sucos. Entregámonos con gusto e puxemos as nosas mans no barro con moi boa intención e moitísima atención, mais comprobamos que esta labor ten as súas dificultades pois sucedía que o barro rompía ou non lograbamos facer o que queriamos. Pero, claro, era a primeira vez e non podía saír perfecto. Seguro que a próxima saen mellor; é cousa de seguir probando e experimentando.


Visitamos, por suposto, o museo e puidemos ver un documental súper interesante sobre a Idade de Bronce que remataba, para sorpresa nosa, cuns petróglifos reflectidos no chan e na roupa.

Cerca de onde merendamos e comemos había un labirinto, inspirado nun petróglifo, no que puidemos xogar entrando e saíndo polos seus caminiños. Unha gozada!

Antes de despedírmonos, os guías regaláronnos uns carnets de expertos en petróglifos que nos garantizan visita gratuíta ao Parque durante este ano. Que sorte temos!


Pasámolo pipa!


Moitísimas grazas! ! !



lunes, 18 de junio de 2018

A PREHISTORIA!!!

Como proxecto neste terceiro trimestre estivemos traballando A Prehistoria nas Ciencias Sociais.
Investigamos, recollemos información, plasmámola a nivel plástico e escrito. Coa axuda das nosas titoras fixemos unha liña do tempo no noso corredor, engadimos un esquema coas ideas principais das tres etapas da Prehistoria (Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais) e elaboramos unha réplica dunha cova na que puxemos distintas pinturas rupestres realizadas con pigmentos naturais.

Aquí vos deixamos unha mostra fotográfica de todo o traballado neste proxecto:






domingo, 17 de junio de 2018

PROXECTO OS PETRÓGLIFOS

Grazas a un xogo de pistas sobre a Prehistoria proposto por Mimi, a mascota da biblio, os alumnos e alumnas de 3º comezamos a investigar sobre OS PETRÓGLIFOS.


Ademais a charla de Xesús Rodríguez Castro (http://amorruibalsegundociclo.blogspot.com/2018/05/o-pasado-24-de-abril-o-alumnado-de-3-e.html) tamén fixo que en nós prendese a mecha da curiosidade, así que puxémonos mans a obra e tras ver varios vídeos documentais, visitar diversas webs de parques arqueolóxicos e buscar información documental recollemos nun libriño un resumo de todo aquilo que aprendemos sobre os petróglifos.





Para rematar o proxecto e como non podía ser doutra forma fixemos un taller de petróglifos onde creamos os nosos propios. A que nos quedaron xenial?




sábado, 16 de junio de 2018

Visita á exposición AS MANS DE BARRO

O luns 4 de xuño, os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria fomos ao Concello a ver a exposición “As mans de Barro”. 


En canto chegamos alí atopámonos con Celso, que estaba esperando para contarmos con ilusión e paixón unha das súas afeccións: a olería tradicional.

En primeiro lugar, explicounos como descubriu esta afección, e despois invitounos a subir á Sala de Exposicións onde nos contou moreas de anécdotas e curiosidades.

Celso contou que o barro se pode conseguir na natureza e que, tras esmagalo, peneiralo e botarlle auga, conseguimos a pasta para modelar; ata nos ensinou uns selos coas súas iniciais para gravar os seus traballos.


Despois fomos mesa por mesa descubrindo os seus traballos mentres nos dicía para que servían eses obxectos. 


Por exemplo, Celso díxonos que as ÁMBOAS, eran os recipientes que usaban os romanos para transportar o viño. Ou que os MELEIROS eran botes para gardar o mel e que, para evitar que as formigas entraran nel, tiñan un reborde na metade do frasco que se enchía de auga.


Tamén vimos unha CHOCOLATEIRA que nos pareceu moi curiosa, xa que tiña dous buratos: un no lateral para servir o chocolate e outro, na parte superior da tapa, para introducir un pau e poder remover o chocolate e desfacer os grumos.

Mais seguramente o obxecto que máis nos sorprendeu foi o SACALEITES, que igual que os modernos de agora, servían para axudar a aleitar ás crianzas co leite do seo materno.


Outro dos obxectos que nos chamou a atención foi o BOLEIRO, que é un “forno portátil”. Este é unha tapa de barro que se puña sobre a pedra da lareira e dentro se cocía o pan, mentres debaixo da pedra se acendía a fogueira para aplicar calor á peza que se estaba cocendo. E sabedes que? O boleiro seica era moi útil para os canteiros que cando tiñan que ir traballar fóra podían levalo consigo e elaborar o seu propio pan.


Na exposición había moitísimos máis obxectos como: xerros, vasos, floreiros, pucheiros, botellas, porróns, moldes para facer ladrillos e tellas...



Ao rematar de contemplar todas as pezas que Celso recreou, vimos un vídeo que este habilidoso artesán utilizou como recurso para aprendermos como se cocen as pezas de barro.

A verdade é que foi unha gran exposición.


Unha auténtica gozada!

Moitísimas grazas!


Máis información no blog da Biblioteca: