viernes, 23 de junio de 2017

QUE ANIMAL ES?

As nenas e nenos de terceiro estiveron facendo un proxecto xenial sobre os animais. Aprenderon moítisimas cousas interesantes sobre eles.

De cada un dos animais que lle tocou a cada un/unha tiveron que investigar en distas fontes escritas e audiovisuais. Despois de seleccionar a información, plasmáronna en distintas follas deseñadas para formar os libros que levan por título: "Que animal es?"

Cando os libros estiveron rematados, prepararon unha presentación do traballo realizado e invitaron aos seus/súas compañeiros/as á biblioteca do colexio para disfrutar e coñecer un pouco máis de animais coñecidos e non tan coñecidos.

A continuación podedes ver unhas fotos do traballo ben feito:



No hay comentarios:

Publicar un comentario