sábado, 27 de mayo de 2017

FINALISTAS NO CONCURSO DE CARTEIS

Resolveuse xa (despois dunha difícil fase de selección) o concurso de carteis do noso Proxecto Documental BARRRO.
En 3º curso de Primaria o cartel seleccionado foi o de MANUELA COYA.


En 4º curso foi finalista o cartel realizado por:
NATALIA GARCÍA, MARTÍN CRESPO, ÁFRICA LEDE  e  MICAELA FARIÑA.


Podedes ler máis sobre este concurso e mirar o cartel gañador no blog da biblioteca:
https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2017/05/resolto-o-concurso-de-cartaces-barrro.html

GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!!
PARABÉNS AOS SELECCIONADOS!!

lunes, 15 de mayo de 2017

RELOXOS ANIMADOS!!!

RELOXOS ANIMADOS!!!

Aproveitando que en matemáticas traballamos as horas e en ciencias fixemos un proxecto sobre os animais, en plástica realizamos uns reloxos animadooossss!!!!!

Aquí vai unha pequena achega do ben que o fixemos:






Quedaron súper chulos, a que si?




sábado, 13 de mayo de 2017

NAVEGAR CON RUMBO

     O martes 9 de maio, @s alumn@s de 4º, 5º e 6º xuntámonos na nosa Biblioteca para escoitar a Felipe Martínez, que é enxeñeiro informático, e viña a falarmos da importancia de "Navegar con rumbo" pola Internet.

     Navegar con rumbo pola Internet significa navegar con seguridade. Para iso hai que usar ben a cabeza e seguir uns consellos moi sinxelos como:
  • Non aceptar mensaxes de descoñecid@s.
  • Non piratear os programas.
  • Protexer o móbil.
  • Ter un patrón para desbloquear o móbil e o ordenador.
  • Non contar toda a nosa vida nas redes sociais.
  • Non insultar.
  • Avisar a unha persoa adulta (familiares, profesor@s . . .) se temos algún problema co móbil como, por exemplo, se alguén nolo pide.

UNHA CHARLA MOI INTERESANTE ! 

MOITAS GRAZAS, FELIPE !


PREMIOS "CÓNTAME UN CONTO VECIÑO 2017"

     No concurso "CÓNTAME UN CONTO VECIÑO 2017" convocado polos concellos de Barro e Portas, resultaron premiad@s os seguintes alumn@s do noso centro:
  • Daniela Romay Manso (2º de Primaria)
  • Manuel Piñeiro Núñez (3º de Primaria).
  • África Lede Zarco (4º de Primaria).
  • Iago Vilas Fernández (6º de Primaria).

MOITÍSIMOS PARABÉNS ! ! !



     Máis información no blog da nosa Biblioteca:



SIGAMOS CREANDO ! ! !     SIGAMOS AVANZANDO ! ! ! 


lunes, 8 de mayo de 2017

EXPOSICIÓN "DE PONTEVEDRA A RÍO 2016" E CHARLA SOBRE FAIR PLAY

     O mércores 3 de maio, o alumnado de 3º e 4º asistiu ao Concello para ver a exposición "De Pontevedra a Río 2016" e para saber o que significa o Fair Play.


     José Sanmartín que, ademais de tenente de alcalde é o Presidente de Barro C.F., explicounos unha chea de cousas sobre os deportes e deportistas que aparecían nos enormes cartaces da exposición. E, xunto a Jaime Otero, que é o Delegado de Pontevedra da Federación Galega de Fútbol, e Daniel Montoto, que é árbitro, falaron da importancia do Fair Play ou xogo limpo en calquera tipo de deporte e na vida diaria. Basicamente consiste en non facer trampas, preocuparse d@s demais e non só de nós, saber gañar, saber perder e esforzarse sempre, sempre, sempre por facer as cousas o mellor posible, aínda que non academos os resultados esperados.


ENCANTOUNOS ! ! !

MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! !



viernes, 5 de mayo de 2017

CONCERTO FAMILIAR 25 ANIVERSARIO DA BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE BARRO

     Encantounos participar coa Banda de Música Xuvenil de Barro no concerto "Musicolandia" que ofreceu o domingo, 30 de abril, con motivo do seu 25 Aniversario.

     Escoitamos un precioso conto musical, xogamos, rimos, cantamos . . . Emocionámonos !


     Foi un día que non esqueceremos na nosa vida !

MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! ! 

MOITÍSIMOS PARABÉNS ! ! ! 

     Non vos perdades o vídeo que hai no blog da nosa Biblioteca:

https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2017/05/participamos-coa-banda-no-seu-xxv.html